Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
PREGUNTA de Maria C. V. a Paula Lema Pena
16-06-20116911 Forma xurídica para unha nova empresa
Somos dúas rapazas que queremos crear unha empresa, ¿que forma xurídica nos convén mais, sociedade civil ou sociedade limitada? Resposta do experto:

Para responder a esta pregunta, hai que ter en conta que calquera forma xurídica ten as súas vantaxes e inconvenientes. Tedes que valorar varias cuestións: a responsabilidade e o custo de cada forma xurídica, entre outras. Por exemplo, a sociedade civil:
• Non ten personalidade xurídica propia. Iso significa que xuridicamente non existe, son os socios os que responden dela co seu patrimonio.
• A responsabilidade dos socios será solidaria e ilimitada. Os socios responden mancomunada e directamente das débedas do seu negocio co patrimonio do negocio e co patrimonio propio.
• As achegas dos socios poden ser monetarias, non monetarias e de traballo.
• Non necesita demasiados trámites para a súa constitución. Tampouco existe obriga de inscrición no Rexistro Mercantil.
• Non esixe capital mínimo inicial.
• Págase fiscalmente de acordo coas ganancias, os rendementos da sociedade impútanse aos asociados sobre a base do pactado, así, desde o punto de vista fiscal é aplicable o mesmo que para o empresario individual.

En canto a sociedade limitada:
• O capital non poderá ser inferior a 3.005,06 euros, expresarase sempre nesta moeda e deberá estar totalmente subscrito e desembolsado no momento de constitución da sociedade. Só poden facerse achegas económicas, en ningún caso poden ser traballo persoal.
• A responsabilidade dos socios nas débedas da sociedade está limitada ao capital achegado á sociedade.
• Tributa polo Imposto de Sociedades.

Se precisades máis información, os datos de contacto son:
Centro de Promoción Económica (CPEC)
Axente Local de Emprego
Rúa Bronce, esquina Rúa Cobre
Polígono industrial de Bértoa, s/n
15105 Carballo
Tel.: 981 757 693


Valoración media
valorar
Debe ser usuario para poder votar
Deixa a túa resposta




Para participar en Fórum Carballo 2.0. e realizar novas preguntas ou respostas debes rexistrarte previamente.

Se xa es un usuario rexistrado, introduce o teu nome de usuario e contrasinal para logearte no sistema. Se aínda non o es, podes darte de alta no formulario de rexistro de usuarios

Outras respostas: