Non necesariamente. Podes solicitar a capitalización, que consiste na percepción nun só pago da prestación por desemprego co fin de destinar a contía á realización dunha actividade profesional como traballador por conta propia ou autónomo.
Podes solicitar e obter a cantidade que xustifiques como investimento necesario para iniciar a actividade, co limite do 60% do importe total da prestación que teñas pendente de percibir (esta porcentaxe ascende ao 80% en caso de mozos ata 30 anos ou mulleres ata 35 anos e ata o 100% en caso de persoas afectadas por un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%).
Se no cobro anterior non obtés o total da contía da prestación, podes solicitar simultaneamente o abono do importe restante para financiar o custo das cotas da seguridade social durante o desenvolvemento da actividade.
Outras respostas: