Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
PREGUNTA de Francisca a Mª Carmen Freire Areosa
28-11-20114909 Horario comercial
Levo tempo fixándome que uns establecementos contan cun horario e outros con outro, incluso sendo do mesmo gremio.
Poderíadesme dicir ¿quen establece os horarios comerciais?
Moitas grazas
Resposta do experto:

A nosa comunidade ríxese pola Lei de Horarios Comerciais de Galicia do 27 de decembro de 2006, da que destacamos:

“Recoñécese a liberdade dos comerciantes para fixaren os horarios dos seus establecementos comerciais, dentro das limitacións establecidas nesta lei”.

“O horario no que os establecementos comerciais poderán desenvolver a súa actividade será, como máximo, de doce horas ao día e de setenta e dúas horas á semana”.

“En todos os establecementos comerciais deberá figurar a información aos consumidores dos horarios de apertura e pechamento, que se exporá en lugar visible desde o exterior, mesmo cando o local estivese pechado”.

“Os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público serán, como máximo, de oito ao ano”.

(Determínanse para cada período anual mediante orde da Consellería competente en materia de comercio).

Valoración media
valorar
Debe ser usuario para poder votar
Deixa a túa resposta




Para participar en Fórum Carballo 2.0. e realizar novas preguntas ou respostas debes rexistrarte previamente.

Se xa es un usuario rexistrado, introduce o teu nome de usuario e contrasinal para logearte no sistema. Se aínda non o es, podes darte de alta no formulario de rexistro de usuarios

Outras respostas: