Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
PREGUNTA de Varela a Jenaro Castiñeiras García
07-03-20114002 Cambiar ventanas en casa de pedra
Estou restaurando unha casa de madeira e gustaríame saber qué me recomendas ¿poñer a carpintería de madeira ou de aluminio ou pvc? Resposta do experto:

Para unha casa de pedra o máis adecuado é facela de madeira e desde logo a poder ser de madeiras autóctonas, coma son o carballo o castiñeiro o sotín, etc. Que inconvenientes ten a madeira? Pois en primeiro lugar, que ten que estar nas condicións adecuadas para a súa elaboración: que non teña samo, que sexa de cerna e sobre todo, que estea ben seca. Tamén hai que ter en conta o seu mantemento pois habería que repasarlle a pintura ou verrniz unha vez cada dous anos.

O aluminio e o pvc non teñen mantemento, pero á larga tamén se deterioran. E na miña opinión non teñen nada que facer no aspecto que vai ter a casa se leva a carpintería de madeira.

Valoración media
valorar
Debe ser usuario para poder votar
Deixa a túa resposta




Para participar en Fórum Carballo 2.0. e realizar novas preguntas ou respostas debes rexistrarte previamente.

Se xa es un usuario rexistrado, introduce o teu nome de usuario e contrasinal para logearte no sistema. Se aínda non o es, podes darte de alta no formulario de rexistro de usuarios

Outras respostas: