Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
PREGUNTA de P. Esmoris a José Figueiras Garrido
05-04-20116441 Asociarse a Axober
Son propietaria dun negocio. Faláronme das vantaxes que ofrece a vosa asociación e quería saber como teño que facer para asociarme e as vantaxes que me vai traer. Resposta do experto:

En Axober ofrecemos numerosos servizos aos nosos asociados que, basicamente, se poden categorizar en tres frontes. A primeira, a formación. En colaboración con distintos organismos realizamos cursos de formación continua para os empresarios e os seus empregados; charlas, xornadas e seminarios. Os outros dous aspectos que se consideran de vital importancia son a información e a promoción, que ademais doutras canles máis tradicionais, traballamos a través da nosa páxina web. Tamén que dispoñemos dun servizo de asesoramento fiscal, laboral e contable e sobre subvencións.

Na nosa web podes atopar novas actualizadas sobre subvencións públicas, acceso á nosa bolsa de emprego propia con ofertas e demandas dos nosos asociados ou un listado de ligazóns a outras páxinas web que consideramos interesantes pola información que ofrecen. Contamos tamén cun espazo á disposición de cada un dos asociados para que insiran nel información sobre a súa empresa e, se se dá o caso de que non teñen web propia, poidan utilizar este espazo coma tal. Por último, traballamos noutras liñas de promoción das que informamos puntualmente a través da nosa web. Pinchando nesta ligazón poderás ver con detalle os servizos que ofremos desde a nosa entidade.

Se estás interesado en facerte socio de Axober, o único que tes que facer é poñerte en contacto con nós, cubrir un formulario que che facilitaremos e pagar unha cuota mensual de 72 euros ao ano.

A nosa oficina está situada na rúa Fomento, 21, en Carballo. O teléfono de contacto é o 981 756 313 e o horario de atención ao público, de luns a xoves de 8:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas. Os venres estamos de 8:00 á 14:30 horas. Tamén nos podes enviar un correo electrónico a informacion@axober.org.

Valoración media
valorar
Debe ser usuario para poder votar
Deixa a túa resposta




Para participar en Fórum Carballo 2.0. e realizar novas preguntas ou respostas debes rexistrarte previamente.

Se xa es un usuario rexistrado, introduce o teu nome de usuario e contrasinal para logearte no sistema. Se aínda non o es, podes darte de alta no formulario de rexistro de usuarios

Outras respostas: