Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
PREGUNTA de Francis a Mª Carmen Freire Areosa
09-05-20113888 Promocións
Frecuentemente vemos escaparates que anuncian “liquidación por fin de temporada”. ¿É legal e este tipo de promoción?. Resposta do experto:

Coa lei na man sería sancionable. Existe un pouco de confusión cos distintos tipos de promocións e, moitas veces sen mala fe, utilízanse incorrectamente as denominacións. Debemos ser coidadosos coas palabras no caso das promocións porque non son sinónimos unha doutras e definen modalidades de venda diferentes.

Unha liquidación soamente se pode levar a cabo nos seguintes casos:
● Cesamento total ou parcial da actividade comercial
● Cambio de rama de comercio ou modificación substancial na orientación do negocio.
● Cambio de local ou realización de obras de importancia neste que requiran o pechamento do local.
● Calquera suposto de forza maior que cause grave obstáculo ao normal desenvolvemento da actividade comercial.

Como podemos observar o cambio de temporada non é causa para unha liquidación. Sen embargo noutros casos, se esta correspondese, obligatoriamente debemos comunicalo á Consellería correspondente, como mínimo, 15 días antes de iniciala. No transcurso dos tres anos seguintes ao remate dunha venda en liquidación, a persoa vendedora non poderá exercer o comercio, na mesma localidade, de produtos similares aos que fosen obxeto de liquidación.

Valoración media
valorar
Debe ser usuario para poder votar
Deixa a túa resposta




Para participar en Fórum Carballo 2.0. e realizar novas preguntas ou respostas debes rexistrarte previamente.

Se xa es un usuario rexistrado, introduce o teu nome de usuario e contrasinal para logearte no sistema. Se aínda non o es, podes darte de alta no formulario de rexistro de usuarios

Outras respostas: