Respostas + valoradas Área Axober Carné profesional Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Sostibilidade
Sostibilidade

Muro de cristal
O proxecto Fórum Carballo busca o equilibrio con todos os recursos do seu ámbito. Unha das primeiras actuacións realizadas para alcanzar este obxectivo foi deseñar unha infraestrutura de forma singular coa intención de revitalizar un espazo deprimido como o Barrio da Milagrosa que, ao mesmo tempo, permite dinamizar a actividade comercial e a cultural dando un novo impulso á feira tradicional de Carballo que se celebra cada segundo, cuarto e quinto domingo de mes.

Este mesmo espazo facilita a adaptación dos sistemas de educación e formación a través de talleres de emprego de acordo coas necesidades reais da sociedade, a economía e as empresas locais. En consecuencia, auméntase a participación no mercado laboral do capital humano existente ao mellorar a súa cualificación e competencia, aumentando ao mesmo tempo a calidade e a produtividade do traballo. Isto, á fin, permite impulsar a igualdade de oportunidades e a inclusión social dos colectivos con máis dificultades, como por exemplo o feminino e o xuvenil.

Así mesmo, ao reunir nun mesmo lugar os servizos públicos de emprego (municipais, autonómicos e estatais) refórzase o seu papel na detección das oportunidades de emprego locais e na mellora do funcionamento dos mercados de traballo local, xa que se aproveitan as sinerxias,.

En terceiro lugar, o Fórum Carballo contribúe a xerar un ecosistema sostible na medida que se poñen en práctica medidas de aforro enerxético, se empregan recursos locais e se reduce a xeración de residuos. Aparte, auméntase a oferta de man de obra local e aválase a creación de empresas adaptándose única e exclusivamente ás necesidades do ámbito.