Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
Xa pode tramitarse a ocupación dos terreos Xestur Coruña vén de escriturar as parcelas da ampliación do Parque Empresarial de Bértoa

Parque Empresarial de Bértoa
14/11/2011.- Xestur Coruña (Xestión Urbanística de A Coruña), entidade responsable do desenvolvemento da ampliación do Parque Empresarial de Bértoa, vén de escriturar as parcelas do polígono, polo que os terreos están por fin a disposición dos empresarios e emprendedores que queiran instalar as súas naves. Así, agora xa é posible comezar a ocupar as 146 parcelas dispoñibles para uso empresarial e pedir hipotecas sobre elas; en definitiva, principiar o aproveitamento do parque. A finais do pasado mes de outubro, o Concello e Xestur daban outro paso fundamental de cara á posta en marcha do polígono coa sinatura da acta de recepción das obras de urbanización, o que permite que as parcelas sexan empregadas para os usos e servizos correspondentes. Pero non é até o de agora, coa formalización da escritura, cando o parque empresarial pasa a estar realmente a disposición das empresas. Nestes momentos, o Concello carballés está xestionando cinco proxectos que poderían culminar na implantación doutras tantas empresas no polígono industrial, aínda que nalgúns casos aínda resta realizar varios trámites. Hai que lembrar que esta ampliación do polígono carballés foi inaugurada hai máis dun ano e supón a incorporación á superficie actual dun total de 718.482 metros cadrados.

Dos 718.482 metros cadrados da nova ampliación, 458.619 corresponden a 146 parcelas para uso empresarial -128 de nova creación- e os 259.863 metros cadrados restantes a solo de cesión, destinado a zonas verdes, viales, zonas de aparcamento e parcelas de servizos técnicos e equipamento público que xestionará o Concello. O investimento total para a creación desta ampliación -que converte o polígono de Bértoa nun parque empresarial que supera os 1,2 millóns de metros cadrados- é de 25.736.341 euros, dos que case a metade destináronse á adquisición de terreos e a achega restante aos traballos de urbanización. A ampliación do polígono industrial de Bértoa comezou en 2004 mediante un plan posto en marcha polo anterior goberno da Xunta, que vén de culminar no presente mandato o goberno actual. Tamén hai que lembrar que nestes momentos está en marcha unha segunda ampliación do parque empresarial que sumaría outras 54 hectáreas de superficie. O obxectivo é crear unha área industrial de preto de dous millóns de metros cadrados con conexión directa coa Coruña e Santiago, así como co porto exterior de Punta Langosteira. Os interesados e interesadas poden consultar a normativa urbanística do proxecto sectorial e obter máis información premendo aquí.

Listaxe de ligazóns Web Concello de Carballo