Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
Fórum e o pan de Carballo Un empresario local bautiza ao seu negocio co nome do complexo

Panadaría A Milagraso Fórum
23/06/2011.- “Os veciños pensan que o Fórum vai dar vida ao barrio”, explica Generoso Fuentes Fernández, propietario da panadaría A Milagrosa, unha das trece que representa a marca Pan de Carballo. O seu obradoiro está situado a escasos metros de Fórum (na avenida da Milagrosa) e hai un par de meses abriu un novo despacho chamado “A Milagrosa Fórum” xusto enfrente do complexo, na rúa Luís Braille.

El, como empresario, e á vista está, tamén ten as súas esperanzas postas nos beneficios que poida traer para o barrio o proxecto municipal como foco de dinamización económica. “Se non fose así –asegura- non abriría a tan pouca distancia outro negocio porque nos estamos facendo competencia”. As vantaxes que viu, di, son a cercanía ás instalacións e ter como clientela potencial aos alumnos dos futuros talleres ocupacionais.

Os veciños non se fixan

A pesar de que os habituais non se fixan no nome comercial do novo negocio, que tamén é cafetaría, resulta curioso que inclúa a denominación “Fórum”, que outra particularidade máis, se ve reflectido permanentemente no escaparate. “Non reparan no nome porque a panadaría é moi coñecida e ao estar aquí desde sempre, todos lle chaman A Milagrosa”, sinala o propietario. O que si fixo foi consultar co Concello antes de “bautizar” ao local “e dixéronme que non había problema”.

Generoso Fuentes Fernández é o representante da segunda xeración á fronte do negocio familiar Panadaría A Milagrosa, fundada en 1950, con catro puntos de venda na vila, e que ademais forma parte do grupo de 13 profesionais adheridos á marca Pan de Carballo.