Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
O equipamento da sala comezou en días pasados Empresas e asociacións atoparán no auditorio de Fórum Carballo un escenario para os seus eventos

Auditorio Nave 1
28/06/2011.- O acondicionamento de Fórum Carballo continúa a bo ritmo. Ademais de no exterior, os traballos céntranse estes días na Nave 1 do complexo do barrio da Milagrosa. Nun extremo deste edificio atópase o auditorio, con máis de cen prazas e pensado para actos que pola súa dimensión e necesidades atopen neste aforo un escenario idóneo para o seu desenvolvemento.

O Concello de Carballo sempre defendeu o uso libre e aberto das instalacións de Fórum. O seu aproveitamento como un espazo multipropósito para beneficio do tecido productivo de Bergantiños é un dos obxectivos do goberno local para reunir nun mesmo punto a actividade empresarial coa municipal, non esquecéndose tampouco do tecido asociativo. As entidades locais poderán contribuír tamén a dar vida ás instalacións traendo ata A Milagrosa aquelas actividades que non teñan cabida nos seus propios locais.

No caso concreto de pemes e autónomos, quéreselles ofrecer un servizo máis para impartir no complexo os seus cursos de formación ou reunións con motivo da celebración dun evento profesional, para o que contarán co equipamento técnico e as comodidades necesarias.

Equipamento

O auditorio de Fórum Carballo conta cun total de 105 prazas -entre as que se inclúen dúas para persoas con mobilidade reducida. Como curiosidade, as butacas, enfrente das que se sitúa un pupitre pregable- son un deseño novo dunha coñecida empresa de Barcelona, sendo ademais a segunda montaxe deste modelo que se fai a nivel mundial. O tapizado, de cor laranxa en polipiel, é ignífugo.

O resto do equipamento está composto por pantalla de gran formato retráctil sobre o escenario, sistema de proxección e de son con altavoces integrados nas paredes. A sala está totalmente insonorizada e conta con dúas saídas nun dos laterais. Precisamente, parte das melloras que se están realizando no auditorio correspóndense coa instalación destes servizos, que foron adxudicados a principios do pasado mes de maio en Xunta de Goberno Local á empresa Son-Press SL por un prezo de 34.030,49 euros.

O Concello de Carballo ten previsto aprobar unha normativa municipal mediante a que se regule o uso das instalacións de Fórum Carballo por organismos, entidades, colectivos e empresas que o soliciten. As reservas poderán realizarse a través desta mesma web.

Listaxe de ligazóns Galería de fotos