Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
O equipamento co que está dotada permitirá impartir unha oferta formativa de gran calidade A Escola de Hostalaría favorecerá a formación dos profesionais da comarca

Escola de Hostalaría
30/06/2011.- O acondicionamento da Escola de Hostalaría, situada na planta baixa da Nave 4, xa está rematado e son poucos os detalles que faltan para a súa posta a punto. Este centro de formación, que é ademais un dos aspectos máis destacados de Fórum Carballo por ser unha vella reivindicación do sector da comarca, conta cun equipamento de carácter industrial e nivel medio-alto esixido para obter a homologación conforme a normativa europea. Esta premisa tamén se cumpre no resto dos talleres do complexo.

A infraestructura coa que está dotada a Escola de Hostalaría permitirá impartir unha oferta formativa de gran calidade, de acordo coas últimas tendencias no sector, así como ser o escenario para cursos de iniciación, perfeccionamento ou reciclaxe dos profesionais da comarca. De cara a propiciar a mellora continua dos empresarios, o centro pode ser así mesmo un espazo idóneo para promover encontros especializados.

Ademais da ampla zona de fogóns (distribuídos en illa) e fornos, a área da cociña divídese en almacén de productos con cámaras frigoríficas de gran tamaño, zona de preparacións, de lavado e un cuarto separado para o módulo de panadaría-repostaría. No exterior, haberá servicio de restaurante e de cafetaría. Esta última conta tamén cunha pequena cociña propia.

Carácter formativo e didáctico

A zona de traballo interior ten, en xeral, un carácter formativo e didáctico, sendo un espazo amplo e adecuado para desenvolver calquera tarefa con carácter profesional, non esquecéndose tampouco da comodidade na zona de atención ao público. Igual que o resto do edificio, a Escola de Hostalaría de Fórum Carballo conta con acceso para persoas con mobilidade reducida.