Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
A corporación conta con oito caras novas O nacionalista Evencio Ferrero resulta reelixido Alcalde de Carballo co apoio dos concelleiros do BNG e do PSOE

Nova corporación do Concello de Carballo
01/07/201.- O líder do BNG e Alcalde de Carballo durante os últimos 8 anos, Evencio Ferrero, resultou reelixido no seu cargo na sesión plenaria de constitución celebrada na Casa do Concello ás 12.00 horas deste venres, 1 de xullo de 2011. A rolda de votacións saldouse co apoio para Evencio Ferrero dos 10 concelleiros do BNG e do único representante do PSOE, José Antonio Viña, que optou por apoiar durante o pleno á lista máis votada. Así mesmo, Alberto Sueiro contou cos votos a favor dos 8 concelleiros do PP, mentres que Manuel Andrade contou cos apoios dos 2 concelleiros de TEGA. Así, a maioría absoluta acadada grazas ao apoio do PSOE proclamou Alcalde de novo a Evencio Ferrero, que continuará no cargo outros catro anos máis.

A mesa de idade da sesión foi constituída polos concelleiros electos de maior e menor idade, neste caso os dous representantes de TEGA, Manuel Andrade e Estefanía Canosa -estreándose na corporación-, actuando o primeiro como o presidente de mesa, sendo o encargado de tomar xuramento ou promesa aos concelleiros electos e de presidir a elección do Alcalde.

Hai que subliñar que hai oito novas caras na recén constituída corporación, a maioría delas por parte do PP, que incorpora 4 membros, e do BNG, con 3 novos membros neste mandato, aínda que Milagros Lantes e Xosé Regueira sexan veteranos na política local. O recén elixido Alcalde tamén deu a coñecer despois da sesión as delegacións de Alcaldía, así como o nomeamento dun único Tenente de Alcalde, cargo que recae en Milagros Lantes Seara, que ademais xestionará as áreas de Planificación e Desenvolvemento Urbano. Ler a nova completa (...)