Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
"Carballo en movemento" Aberto o prazo de inscrición, até o 7 de xaneiro de 2012, de "Carballo en movemento" de formación da xuventude local

Carballo en movemento
14/12/2011.- O Concello de Carballo abre a convocatoria do programa "Carballo en movemento: fomento da mobilidade no proceso de formación da xuventude local", publicando as bases polas que se rexerá a selección dos beneficiarios e beneficiarias das estadías laborais no estranxeiro que ofrece o proxecto. Estas estadías teñen unha finalidade formativa-profesional, a través da realización de prácticas en empresas de Alemania, Italia, Polonia e Reino Unido, no marco do Programa de acción comunitaria en materia de formación profesional Leonardo da Vinci. As devanditas estadías teñen como fin prioritario conseguir a especialización profesional dos beneficiarios e beneficiarias aumentando as súas posibilidades de inserción/reinserción no mercado de traballo e permitíndolles adquirir novas habilidades e experiencias profesionais.

Os interesados e interesadas poden descargar as bases ao completo, onde se recollen todos os requisitos, así como o impreso de solicitude, nesta mesma convocatoria en pdf. Tamén é posible descargar o folleto informativo.

Destino: Poderán concorrer á concesión das axudas do proxecto "Carballo en movemento" os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos (ámbalas dúas incluídas).

b) Estar desempregado e inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego.

c) Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea e estar empadroado no concello de Carballo.

d) Posuír título oficial dunha formación profesional regrada ou titulación universitaria.
e) Non ter sido beneficiario anteriormente dunha axuda do Programa Leonardo da Vinci.

Finalidade: O número de estadías previstas é o seguinte:

- 6 estadías para prácticas profesionais en Reino Unido
- 6 estadías para prácticas profesionais en Alemania
- 6 estadías para prácticas profesionais en Polonia
- 6 estadías para prácticas profesionais en Italia

A duración da estadia no país de acollida será de 12 semanas e o seu inicio está previsto a partir de marzo de 2012. Estas estadías realizaranse en 2 fluxos: o primeiro, de marzo a maio de 2012 e o segundo de setembro a decembro de 2012.

Prazo: As solicitudes formalizaranse no modelo que se xunta nesta convocatoria e serán presentadas no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de presentación será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web do Concello, polo tanto até o 7 de xaneiro de 2012, inclusive.

Listaxe de ligazóns Web Concello de Carballo