Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
Até o 23 de decembro e do 9 ao 20 de xaneiro O mercado carballés participa na campaña "Este inverno presume de praceiro/a" repartindo 120 euros

Este inverno presume de praceiro/a
16/12/2011.- O mercado de Carballo participa na campaña "Este inverno presume de praceiro/a. Escolle o teu preferido/a túa preferida", posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia co obxectivo de impulsar o mercado tradicional e os produtos da terra de calidade, favorecendo o consumo nas prazas de abastos e potenciando a figura dos praceiros. Até o 23 de decembro de 2011 e do 9 ao 20 de xaneiro de 2012, os clientes do mercado municipal recibirán un cupón por cada acto de compra. Os interesados/as deben enchelos co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número de posto do seu praceiro favorito e depositar o cupón nunha urna instalada no propio mercado. Os días 23 de decembro de 2011 e 20 de xaneiro de 2012 procédese á elección ao azar de tres cupóns, que se corresponderán con tres clientes agraciados con cheques de compra desa quincena, por valor de 45, 50 e 25 euros. Só poden ser recompensados os clientes que estean presentes no sorteo. Ademais, só serán válidos os votos nos que figure o número do posto votado. Os cheques serán cambiables unicamente no propio mercado en forma de desconto nas próximas compras. A validez dos cupóns remata o 28 de febreiro de 2012.

Hai que mencionar que a actividade suspéndese entre o 23 de decembro e o 9 de xaneiro para non interferir na campaña promocional de Nadal. O obxectivo desta campaña é incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra nos mercados, así como a posta en valor dos profesionais que traballan cada día neles. A campaña pretende implicar aos clientes do seu mercado na elección do seu praceiro/a favorito en función da calidade dos produtos que ofrece no seu posto de venda e, especialmente, sobre a base da súa profesionalidade, trato próximo e o seu labor de prescriptor diario respecto da súa clientela. Ademais de elixir cos seus votos ao mellor comerciante da praza de abastos, os clientes participan en sorteos de cheques que deben ser canxeados no propio mercado. Dese xeito preténdese incrementar e incentivar o consumo medio semanal durante o período de vixencia da campaña, revertendo os premios no propio mercado. Carballo xa acolleu en novembro de 2010 a primeira etapa desta campaña que tiña o título de "Escolle ao teu praceiro". Naquel entón resultou gañador o establecemento Carnicería Costa, rexentada por Jesús Manuel Costa Cabeza. Os interesados e interesadas en obter máis información poden facelo na web no Portal do Comerciante, dispoñible nesta mesma nova.