Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
Fábricas de creatividade empresarial Vigo estreará a única Factoría de Innovación de Galicia en Porto do Molle

Factoría de innovación
13/12/2011.- Na primeira fase, 24 empresas seleccionadas da área de Vigo terán a oportunidade de formular os seus problemas e necesidades para mellorar a súa competitividade no mercado. A selección realizarase entre as de recente creación, micro empresas, empresas gacela e empresas tractoras con capacidade de arrastre sobre o resto do tecido empresarial local.

O Consorcio da Zona Franca, a Escola de Organización Industrial (EOI) e a Universidade de Vigo acordaron poñer en marcha esta primeira Factoría de Innovación de Galicia, centros de excelencia que realizan plans de adestramento individualizados para axudar ás pemes a desenvolver proxectos de I+D+i e ademais, mediante actividades abertas a todos os sectores, potencian a difusión da cultura innovadora. Na firma do convenio entre as tres institucións promotoras, Alfonso González, director da Escola de Organización Industrial EOI, explicou que as Factorías son un modelo que a EOI, co cofinanciamento dos fondos FEDER, está a estender por cidades que son centros económicos de España. Por outra banda, tamén interveu María Teresa Pisano, delegada do Estado, quen sinalou que o Consorcio está convencido de que é preciso reinventar a xestión empresarial para asegurar a supervivencia das pequenas e medianas empresas, “e aínda que en Vigo pódense percibir de xeito constante mostras da gran capacidade de creatividade que teñen empresas e investigadores para desenvolver novos produtos e servizos, iniciativas como esta son precisas para acadar o éxito empresarial”, dixo. A EOI contribuirá mediante o deseño de actividades, a súa dirección e execución durante un prazo de doce meses. O Consorcio da Zona Franca achegará o espazo físico e realizará a selección das empresas participantes conxuntamente coa EOI, no que tamén participará a Universidade.