Respostas + valoradas Área Axober Carné profesional Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
Interesados/as: contactar cos puntos de venda de Telefónica-Movistar Varios lugares de Lema, Rebordelos, Noicela e Razo contan cunha nova infraestrutura de telefonía e banda ampla móbil 3G

Telefonía e banda ampla móbil 3G
22/12/2011.- Os núcleos de poboación da Vespilleira (parroquia de Noicela), Borrazás (Noicela), Carballedo (Rebordelos), O Outeiro (Lema), O Seixo (Lema), Santa Mariña (Razo) e Pardiñas (situado entre as parroquias de Lema e Razo), xa contan co servizo dunha nova infraestrutura de telefonía e banda ampla móbil 3G. Esta actuación foi realizada por Telefónica dentro do Plan de Banda Ampla 2010-2013 da Xunta de Galicia e ofrece acceso inmediato a un amplo conxunto de servizos en liña que permiten navegar por Internet e efectuar accións como solicitar cita médica, executar trámites administrativos, ou mercar a través do comercio electrónico, así como poñer en marcha novas formas de comunicación e novas alternativas de lecer e entretemento. Así mesmo, o servizo tamén poderá servir para acometer a modernización empresarial dos negocios da zona e mellorar as súas plataformas tecnolóxicas. Os interesados e interesadas en contratar o servizo, poden facelo en calquera punto de venda de Telefónica de Carballo onde poderán obter información polo miúdo sobre a conexión e resolver calquera dúbida que poidan ter.

O Plan de Banda Ampla de Galicia 2010-2013 busca posibilitar o acceso á banda ampla como un dos motores principais para o desenvolvemento. Para poder aportar o máximo valor, a visión de que se dispón é desenvolver e estender as novas tecnoloxías e infraestruturas de telecomunicacións de banda ampla aos cidadáns, organismos públicos e tecido empresarial de Galicia, con especial foco naquelas zonas máis desfavorecidas ou desatendidas:

- reducindo o desequilibrio territorial na cidadanía, contribuíndo á súa integración na sociedade da información.
- impulsando o sector empresarial mediante o uso das novas tecnoloxías de banda ampla como xeradoras de competitividade e innovación.
- incentivando a participación dos distintos axentes implicados.
- impulsando a modernización dos servizos públicos mediante a utilización das novas infraestruturas de banda ampla.
- motivando a coordinación dos distintos organismos públicos para a unificación de esforzos e maximizar o seu impacto.

Listaxe de ligazóns Web Concello de Carballo