Respostas + valoradas Área Axober Carné profesional Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
Haberá unha nova rifa o 2 de xaneiro de 2012 Tres premiados con vales de 150 euros no sorteo da campaña "Este inverno presume de praceiro/a"

Sorteo "Este inverno presume de praceiro/a"
23/12/2011.- O Mercado Municipal vén de acoller un dos dous sorteos que se levarán a cabo dentro da campaña "Este inverno presume de praceiro/a. Escolle o teu preferido/a túa preferida", posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria en preto dun centenar de prazas de abastos de toda Galicia. Participaron na rifa aqueles clientes e clientas do mercado municipal que nos últimos días mercaron nos postos da praza e depositaron as súas papeletas nunhas furnas destinadas a tal fin incluíndo, ademais dos seus datos persoais, o posto do mercado do seu praceiro/a favorito. No sorteo estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a Concelleira de Feiras e Mercados, Milagros Lantes; o Xefe Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña; e Jesús Manuel Costa Cabeza, de Carnicería Costa, elixido como "mellor praceiro" polos clientes do mercado na anterior campaña celebrada en 2010 e encargado de ser a "man inocente" que seleccionou as papeletas premiadas. Finalmente, resultaron elixidas 3 gañadoras: 1º Premio, vale de 75 euros: María Dolores Rodríguez Varela; 2º Premio, vale de 50 euros: Marta Mariño Louzao; 3º Premio, vale de 25 euros: María Pallas López.

Hai que subliñar que os cheques serán cambiables unicamente no propio mercado en forma de desconto nas próximas comprasa través de vales por un importe de 5 euros. A validez dos cupóns remata o 28 de febreiro de 2012. Como anécdota, hai que mencionar que Marta Mariño Louzao resultara agraciada en 2010 co primeiro premio no sorteo realizado no marco da anterior edición desta mesma campaña. Por último, hai que subliñar que a partires do 9 de xaneiro de 2012 e até o día 20 os interesados e interesadas aínda poden participar nesta iniciativa a través dun segundo sorteo que se desenvolverá o día 20. A actividade suspéndese entre o 23 de decembro e o 9 de xaneiro para non interferir na campaña promocional de Nadal. O obxectivo desta campaña é incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra nos mercados, así como a posta en valor dos profesionais que traballan cada día neles. Os interesados e interesadas en obter máis información poden facelo na web no Portal do Comerciante, dispoñible nesta mesma nova.