Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
A VALIDEZ DOS CUPÓNS REMATA O 28 DE FEBREIRO Remata a campaña "Este inverno presume de praceiro/a" co sorteo de 150 euros en vales de compra no mercado

20/01/2012.- O Mercado Municipal vén de acoller o segundo e útimo dos sorteos incluídos dentro da campaña "Este inverno presume de praceiro/a. Escolle o teu preferido/a túa preferida", posta en marcha entre o 12 de decembro de 2011 e o 20 de xaneiro de 2012 pola Consellería de Economía e Industria en preto dun centenar de prazas de abastos de toda Galicia. Participaron na rifa aqueles clientes e clientas que mercaron nos últimos días nos postos da praza e depositaron as papeletas acadadas coas súas compras nunhas furnas destinadas a tal fin incluíndo, ademais dos seus datos persoais, o posto do seu praceiro/a favorito no mercado. No sorteo estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a Concelleira de Feiras e Mercados, Milagros Lantes; o Xefe Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña; e Nuria Zaché, de Panadería Nuria, encargada de ser a "man inocente" que seleccionou as papeletas premiadas. Finalmente, resultaron elixidos 3 gañadores: 1º Premio, vale de 75 euros: María del Mar Felípez Lafuente; 2º Premio, vale de 50 euros: Sr. Pena; 3º Premio, vale de 25 euros: Nieves España Rodríguez.

Hai que subliñar que os cheques serán cambiables unicamente no propio mercado en forma de desconto nas próximas compras a través de vales por un importe de 5 euros. A validez dos cupóns remata o 28 de febreiro de 2012. O representante da Consellería de Economía e Industria contactou in situ por teléfono cos gañadores para transmitirlles a nova e informarlles de que xa poden recoller os vales no mercado municipal. Como anécdota, hai que mencionar que un dos gañadores elixiu precisamente a Nuria Zaché como a súa praceira favorita. O obxectivo da campaña "Este inverno presume de praceiro/a. Escolle o teu preferido/a túa preferida" é incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra nos mercados, así como a posta en valor dos profesionais que traballan cada día neles. Os interesados e interesadas en obter máis información poden facelo na web no Portal do Comerciante, dispoñible nesta mesma nova.