Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Noticias
Foi a gañadora do 1º Premio Carballo Emprende a Ideas Empresariais 2011 O proxecto tecnolóxico PéZcalo acada o apoio do fondo de capital de risco Xes-Innova

imaxe corporativa de PéZcalo
25/05/2011.- A empresa carballesa PéZcalo, gañadora dos 1º Premio Carballo Emprende a Ideas Empresariais 2011, é u dos tres proxectos de innovación tecnolóxica apoiados polo fondo de capital risco Xes-Innova, da Consellería de Economía e Industria. Xes-Innova respalda proxectos de novos emprendedores que teñan como obxectivo a produción, investigación e desenvolvemento de todo tipo de actividades.

PéZcalo, xunto con Cludeen e Quantum Enxeñaría, foron apoiadas con préstamos participativos que suman 500.000 euros e son, segundo sinalou a Consellería de Economía e Industria, iniciativas coas que os emprendedores teñen prevista a creación de 64 postos de traballo nos próximos anos.

PéZcalo aspira a ser unha plataforma eCommerce de referencia, na contorna da pesca deportiva, tanto para os afeccionados internautas como para os distribuidores destes artigos. Esta firma preparada e especializada na venda de material de pesca deportiva utilizará o comercio electrónico como única canle de distribución. Ademais de ofrecer unha ampla variedade na súa tenda, PéZcalo tamén aposta polas redes sociais, ao contar cun espazo en Facebook onde se pode consultar información, compartir experiencias e iniciar debates sobre o mundo da pesca.