Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
O proxecto
O proxecto Fórum Carballo é un novo espazo no que compartir experiencias e favorecer sinerxías para o avance da sociedade

Fórum Carballo
Fórum Carballo é un proxecto de cohesión territorial situado nun espazo multipropósito que posibilitará a xeración e a busca de solucións reais para a mellora competitiva, o fomento do emprego e o desenvolvemento sostible no marco do tecido produtivo da bisbarra de Bergantiños.

Grazas ao apoio da Unión Europea a través dos fondos FEDER, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2007-2013, no plan considéranse medidas de carácter ambiental e urbanístico, así como políticas de igualdade de oportunidades e implantación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Fórum Carballo fomentará a participación social, proporcionando un espazo de encontro no que se dean cita o sector produtivo, emprendedor, formador, consumidores e calquera axente implicado no progreso da bisbarra.

Ademais das instalacións situadas en Carballo, o Fórum contará cun espazo virtual onde nacerá o primeiro campus en liña da Costa da Morte que facilitará o acceso á formación a través de Internet para todos os públicos.

Calquera persoa, entidade, institución ou empresa ten un espazo en Fórum Carballo, un novo ámbito no que compartir experiencias e favorecer sinerxías para o avance da sociedade.

INVESTIMENTO

O investimento total ascende a algo máis de 4,6 millóns de euros, dos cales 3.260.729, 63 euros proveñen dos fondos FEDER e a cantidade restante, próxima aos 1,4 millóns de euros, é achegada polo Concello de Carballo.