Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Servizos a empresas
Servizos a empresas

A finalidade das instalacións de Fórum Carballo é crear un espazo de encontro de empresarios, emprendedores e autónomos, integrando desta forma ao tecido empresarial nas actividades do centro. Así mesmo trátase de colaborar cos autónomos e pequenos empresarios da bisbarra, grupos económicos susceptibles de xerar bolsas de emprego estable, pero aos que a dimensión de empresa ou o seu propio concepto desta, moitas veces lles impide ampliar a súa estrutura para aumentar o volume de negocio ou mellorar a calidade de servizo ou a xestión desta.

O Servizo a empresas de Fórum Carballo promove actividades orientadas á promoción e formación empresarial:

Investigacións de mercado

Actividades de investigación das posibilidades de desenvolvemento económico da bisbarra de Bergantiños, realizando unha prospección dos recursos dispoñibles na zona para o fomento de novas iniciativas de negocio xeradoras de emprego e de riqueza.

Uso das novas tecnoloxías

Apoio e asesoramento á creación de proxectos empresariais innovadores baseados no uso de novas tecnoloxías.

Respaldo ao autoemprego

Información e asesoramento a emprendedores que desexen poñer en marcha iniciativas empresariais ou valorar as posibilidades do autoemprego como vía de acceso ao mercado laboral (formas xurídicas, trámites de constitución de empresa e busca de financiamento, tramitación de subvencións). Realizarase unha asistencia técnica no desenvolvemento inicial e acompañamento nas primeiras etapas da actividade empresarial.

Información sobre subvencións

Asesoramento e axuda a empresarios na tramitación de subvencións para a contratación de traballadores ou na busca de financiamento para proxectos de mellora na empresa.

Promoción do asociacionismo

Información e axuda a agrupacións socioeconómicas na busca de subvencións para proxectos de desenvolvemento.

Ampliación de coñecementos e formación

Organización de talleres de iniciativas empresariais, xornadas e cursos para achegar aos potenciais emprendedores os conceptos técnicos básicos que é preciso coñecer para a posta en marcha dunha iniciativa empresarial, así como informar dos programas de axudas públicas dispoñibles.

Apoio ás emprendedoras

En todos os casos, o servizo a empresas dará prioridade a axudar, promover e informar as mulleres emprendedoras por considerarse este un colectivo en risco de inclusión.