Respostas + valoradas Área Orientación Laboral CV Área Orientación Laboral Reciclarse Área Axober Carné profesional
Últimas preguntas/respostas Área Comercio Tenda de conveniencia Área Comercio Horario comercial Área Comercio Establecementos con liberdade horaria
Visita virtual
Visita virtual


O espazo físico de Fórum Carballo é un conxunto heteroxéneo formado por cinco edificios, cohesionados entre si e susceptibles de soportar múltiples actividades e modos de uso privados e públicos. Todas as naves, distribuídas nunha área de 11.000 m² e cunha superficie edificada de 6.600 m², vertébranse a través dun corredor central que discorre por todas as edificacións na súa planta semisoto. Este elemento dá acceso, en primeiro termo, á edificación administrativa e de representación e á edificación de promoción empresarial, e en segundo termo ás tres edificacións que albergan os talleres de formación.

O resto da parcela urbanizada queda libre para un tratamento mixto, é dicir, para uso feiral, zona verde e lugar de ocio e encontro dos habitantes do municipio. Será ademais un recinto exterior adaptable para outros eventos excepcionais.

Distribución do espazo

Plano de Fórum Carballo


Os servizos que se situarán en cada un dos edificios son:

Edificio 1. - Edificio administrativo. Destinado para desenvolver todo tipo de actividades de formación, orientación e promoción empresarial, contará cunha con sala de exposicións (138 m²), salón de actos (284 m²) e salas de reunións.

Edificio 2. - Aquí encóntrase a área de orientación laboral e de promoción de emprego.

  • 1º planta: oficina do Servizo Público de Emprego Estatal e Servizo Público de Emprego (Xunta de Galicia)
  • 2º planta: outros servizos públicos antes situados en diferentes locais da zona urbana.
  • 3ª planta: sede do Centro Municipal de Formación, oficina do técnico de emprego do Concello de Carballo, salas de reunións e de profesores, arquivos e outras dependencias administrativas
Edificio 3. - Nave de metal e automoción.

Edificio 4. -
  • 1º planta: sede da Escola de Hostalaría.
  • 2º planta: sede dos talleres de carpintaría de madeira e metálica; aulas e servizos asociados.
Edificio 5. - Nave destinada á formación na área de construcción e electricidade.


* Proximamente publicaranse os vídeos da visita virtual.